PROGRAMACIÓN DE XANEIRO 2014
MES DA FOTOGRAFÍA

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Ata o 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público infantil.

Buzón Real, Biblioteca Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Do daguerrotipo ao pixel

Durante o mes de xaneiro exporase na biblioteca unha mostra bibliográfica relacionada co mundo da fotografía: os seus autores, as súas técnicas e a súa evolución poderanse observar nesta mostra. Con esta escolma bibliográfica e audiovisual a biblioteca quere homenaxear aos grandes fotógrafos: Cartier-Bresson, Catalá Roca, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Cappa, Man Ray, García-Alix, Helmut Newton, Korda, Virgilio Viéitez, Vari Caramés, Xurxo Lobato...

Do 2 de xaneiro ao 1 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra Bibliográfica: Fotografía

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á: Fotografía

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

Neste obradoiro achegaremos dunha forma lúdica ao público infantil aos principios de formación de imaxes nas cámaras de fotografía.
O público asistente construirá a súa propia cámara estenopéica e aprenderá a revelar negativos e o seu paso a positivos.

Xoves 2 e venres 3 de xaneiro ás 12.00 h

Para: Público infantil maior de 6 anos.

Achégate á fotografía

 

Volver ao inicio Back to top

VISITA DO CARTEIRO REAL

O Carteiro Real visita a biblioteca para recoller todas as cartas e desexos do público infantil.

Venres, 3 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Para público infantil.

 

Visita do carteiro real

 

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 4 de xaneiro ás 12.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

 

Sabadiño do Roque

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

1º e 3º xoves do mes
9 e 23 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET: Inicación I

PREVIA INSCRICIÓN*

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Martes 14, mércores 15 e xoves 16 de xaneiro

Horario: de 10.00 a 12.00 h

Para: Para público adulto maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática e Internet.

Achégate a internet

 

 

Volver ao inicio Back to top

HOMENAXE A NEIRA VILAS E A BALBINO Presentación do libro

Unha vez máis Xosé Neira Vilas visita a nosa biblioteca, que leva o seu nome. Nesta ocasión o autor ven a presentar o libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino. Un libro que conta con máis de cen colaboracións de distintas nacionalidades e onde se fai un percorrido pola traxectoria do noso protagonista e do seu personaxe máis coñecido, Balbino.

Martes 14 de xaneiro ás 20.00 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen, Escoiten! ¡ Pasen, lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Do daguerrotipo ao pixel

A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Oficina de Voluntariado de Vigo realiza unha serie de actividades conxuntas. Nestas sesións as persoas voluntarias e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura aos asistentes. Estas serán lecturas escollidas que terán relación coa mostra bibliográfica que ese mes este presente na biblioteca, neste caso Do daguerrotipo ao pixel.

Mércores 15 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen, Escoiten! ¡ Pasen, lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 16 de xaneiro ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

A hora dos Contos

 

Volver ao inicio Back to top

ONCE UPON A TIME: Contacontos en Inglés

A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Un venres ao mes acompañaranos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José Estevez para ofrecernos una sesión de contos divertida e dinámica ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresión noutro idioma.

Venres, 17 de xaneiro ás 19.00 h

Para: Público infantil de 3 ata 10 anos.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
2 DE XANEIRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 18 de xaneiro ás 12.00 h

Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.

Entre Arrolos e Contiños

 

Volver ao inicio Back to top

PRESENTACIÓN BECAS: Copia de autor

Copias de autor convoca no ano 2014, por vez primeira, unha beca que ten como motivo principal a produción de dous traballos fotográficos. Un deles é para estudantes e o outro é unha convocatoria aberta.
A producción destes traballos pode ser en formato libro de autor ou carpeta, dependendo da forma, tipo de linguaxe, número de imaxes... O número de tirada é limitado.
Copias de autor é un lugar de encontro e de traballo para a producción de traballos fotográficos no que, cando unha persoa accede a nós, ten a consideración de autor e a posibilidade de crear e acompañar en todo momento o nacemento da súa obra.

Xoves, 30 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Para a fotógrafos/as que, ou ben son galegos/as, ou teñen algún traballo inédito feito sobre Galicia, xa sexa rematado ou non.

Copia de Autor

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Celso Sanmartín

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Sanmartín.

Venres, 31 de xaneiro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Dakí: Celso Sanmartín

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de febreiro ábrese o día 15 de xaneiro.

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca, lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

EbookVigo

Que é EbookVigo

> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

 

Como inscribirse

Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.

Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +