BIBLIOLABORA. MOSTRA BIBLIOGRÁFICA
Bibliolabora presenta unha selección de todos aqueles fondos da biblioteca relacionados co mundo laboral. A busca de emprego, a elaboración de currículos, as melloras no traballo, a xestión dos recursos humanos, o autoemprego ou o éxito profesional son algúns dos temas que poderedes atopar na escolma de libros que forman parte desta mostra.
Estes libros estarán a disposición dos usuarios, que poderán consultalos en sala ou levalos en préstamo.
Do 4 ao 30 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
Volver ao inicio
O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia
PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS
O primeiro sábado de cada mes, o Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes recibe carta do seu avó Agustín, que viaxa por toda Galicia e vainos descubrindo cousas de todos eses marabillosos lugares. Ademais, Roque, Andrea o Óscar comparten con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Sábado, 2 de marzo ás 12.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio
CÁNDIDO PAZO: Contos da memoria dun neno labrego
Para celebrar este segundo aniversario visítanos de novo, tras a inauguración da biblioteca, Cándido Pazó. Nesta ocasión cunha sesión de contos moi especial “Contos da memoria dun neno labrego”, unha sesión de contos tradicionais (contados ao xeito de hoxe e para xente de hoxe) na que se contarán historias das que un neno do rural de doce anos escoitaría á lareira, nun velorio, nunha esfollada... Como as que escoitaría Balbino o protagonista de Memorias dun neno labrego, a historia máis coñecida de Xosé Neira Vilas.
Martes 5 de marzo ás 19.30 h
Destinatarios: Público adulto. |
|
|
Volver ao inicio
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes (1º e 3º mércores) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.
Mércores 6 e 20 de marzo ás 19.30 h
Destinatarios: Socios do club. |
|
|
Volver ao inicio
OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: Francisco Castro
PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
A Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece un obradoiro de escritura creativa dirixido polo escritor e editor Francisco Castro. Os seus participantes achegaranse ao mundo da creación literaria cun curso intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.
Martes 12 e mércores 13 de marzo de 18.30 a 20.30 h
Destinatarios: Usuarios a partir de 18 anos. |
|
|
Volver ao inicio
A HORA DOS CONTOS
“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura.
Xoves 14 de marzo ás 18.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio
TANXARINA. Timoteo o amigo do labrego
A compañía de monicreques Tanxarina celebra con nós o segundo aniversario da biblioteca ofrecéndonos o seu espectáculo “Timoteo o amigo do labrego”. Timoteo é unha adaptación do conto de Terry Jones, unha historia relatada con animacións diversas e traballo actoral, nun divertido e permanente xogo escenográfico cheo de "gags" imaxinativos e situacións cómicas. Tres tolos titiriteiros coa axuda dos monicreques contarannos historias que falan de cousas de agora mesmo, con todo o sabor dos contos tradicionais: o valor da amizade, tres portas e un concurso, sapos e mariñeiros… e unha chea de sorpresas.
Venres 15 de marzo ás 18.30 h
Destinatarios: Público familiar. Nenos a partir de 3 anos. |
|
|
Volver ao inicio
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O terceiro sábado de cada mes os nenos comparten con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Sábado 16 de marzo ás 12.00 h
Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos. |
|
|
Volver ao inicio
ACHEGANDO CULTURAS
Actividade de fomento á lectura onde se fará unha análise da relación da literatura con outras artes como a pintura, o cine ou a fotografía. Nesta ocasión deterémonos para analizar o paso da literatura ao cine e do cine a literatura.
Luns 18 e martes 19 de marzo ás 16.30 h
Destinatarios: Fundación Secretariado Xitano. |
|
|
Volver ao inicio
ACHÉGATE Á INTERNET: Procura de Emprego
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet: Procura de emprego”, e a crecente demanda por parte dos usuarios solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, encadrado dentro das accións de formación de usuarios.
Nesta ocasión con “Achégate á Internet: Procura de emprego” ofertamos un programa básico, para que os alumnos poidan utilizar as ferramentas de busca de emprego dispoñibles en Internet.
Grupo A
Martes 19 de marzo de 09.30 a 11.30 h:
Busca activa de emprego a través de portais web especializados.
Mércores 20 de marzo de 09.30 a 11.30 h:
Perfís profesionais nas Redes Sociais.
Grupo B
Martes 19 de marzo de 12.00 a 14.00 h:
Busca activa de emprego a través de portais web especializados.
Mércores 20 de marzo de 12.00 a 14.00 h:
Perfís profesionais nas Redes Sociais.
Martes 19 e mércores 20 de marzo
Horario: Grupo A de 9.30 a 11.30 h
Horario: Grupo B de 12.00 a 14.00 h
Destinatarios: Usuarios da biblioteca maiores de 16 anos con coñecementos de informática e Internet en busca de emprego.
|
|
|
Volver ao inicio
CONTOS DAKÍ: Avelino González
Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor Avelino González.
Venres, 22 de marzo ás 19.30 h
Destinatarios: Público adulto.
|
|
|
Volver ao inicio
ACHÉGATE Á ARQUITECTURA
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
A biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa nas mañás de Semana Santa, ao tempo que achegalos ao mundo da arquitectura e o urbanismo. Así, ao longo de dúas sesións de dúas horas, achegarase aos rapaces a este mundo, á súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e a tecnoloxía, e o interese polos libros que tratan esta temática.
Martes 26 e mércores 27 de marzo
Horario: de 11.00 a 13.00 h
Destinatarios: Nenos de 5 ata 12 anos. |
|
|
Volver ao inicio
... E TAMÉN:
Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque de abril ábrese o día 15 de marzo.
Inscrición:
*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 11.00 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
|
|
|
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí |
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h
GUÍAS DE LECTURA ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
ler máis +
PEGADA SOCIOECONÓMICA
ler máis +
PEGADA CULTURAL
ler máis +
PEGADA ECOLÓXICA
ler máis +
GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS
ler máis +
GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS
ler máis +
GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS
ler máis +
GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS
ler máis +
GUÍA XUVENIL
ler máis + |