GUÍA XUVENIL DE INVERNO

La historia de la escritura: DONOUGHUE,C.

TÍTULO: La historia de la escritura
AUTOR: DONOUGHUE,C.
EDITORIAL: Oniro
ISBN: 978-84-9754-368-2
RÓTULO: 003(b) DON his


RESUMO:

Descobre a sorprendente historia da escritura ao longo dos tempos: dende os primeiros textos escritos ata os correos electrónicos. Este libro conta a historia de como distintos pobos de distintos lugares inventaron a súa propia forma de escribir e de que modo ao longo dos séculos estes sistemas acabaron converténdose en centos de formas diferentes de escritura.

Volver ao inicio Back to top

Hojas de hierba : WHITMAN,W.

TÍTULO: Hojas de hierba
AUTOR: WHITMAN,W.
EDITORIAL: Alianza
ISBN: 978-84-206-3456-2
RÓTULO: P WHI hoj


RESUMO:

"Camarada, isto non é un libro; quen toca isto toca un home". Así define Walt Whitman (1819-1892) Hojas de Hierba, unha obra que construíu ao longo de case corenta anos e que se ofrece como un canto á vida, á liberdade, ao eu, á beleza, á poesía... Froito dunha época e dun lugar -a Norteamérica do século XIX-, este gran poema épico nace e crece coa intención de definir ao home e á nación americana fronte ao dominio cultural anglosaxón, e a súa polémica ruptura, formal e conceptual, co canon poético tradicional foi tal, que se di que toda a poesía norteamericana posterior é un continuo diálogo con Whitman; mesmo boa parte da poesía occidental, dende o español García Lorca ata o caribeño Walcott, bebe desta fonte de inspiración.

 

Volver ao inicio Back to top

O portal dos elfos: BRENNAN, H.

TÍTULO: O portal dos elfos
AUTOR: BRENNAN, H.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 84-9782-334-6
RÓTULO: N(b) BRE por


RESUMO:

Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos
do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza, Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida. Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debía trasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty, un vello excéntrico e tronado. Cando os dous mundos se atopan, o universo enteiro se transformará. Coa axuda da súa irmá, a princesa Holly Blue, e do seu xove amigo humano, Henry, Pyrgus deberá volver a casa para liberar o seu reino das forzas do mal. Será quen de conseguilo?


“O portal dos elfos” de Herbie Brennan é unha trepidante novela que propón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga, ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixido nos Estados Unidos en 2004 como o “mellor libro para xoves” e xa traducido a vinte linguas, O portal dos elfos é a primeira parte dunha triloxía.

 

Volver ao inicio Back to top

A sombra descalza: ALFAYA, A.

TÍTULO: A sombra descalza
AUTOR: ALFAYA, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9782-426-2
RÓTULO: N(b) ALF som

RESUMO:

Unha adolescente vai descubrindo os segredos que camiñan pola casa familiar entre o silencio. A violencia da guerra e unha posguerra chea de dor, as feridas que non se dan pechado e as mulleres da familia arrastrando cargas demasiado pesadas.A rapaza que coñecemos ao principio do relato non será a mesma ao remate.

 

Volver ao inicio Back to top

El caso del crimen de la ópera : BARCELÓ, E.

TÍTULO: El caso del crimen de la ópera
AUTOR: BARCELÓ, E.
EDITORIAL: Edebé
ISBN: 978-84-236-7659-0
RÓTULO: N(b) BAR cas

RESUMO:

O día en que ía ser asasinado, Matthias Schroll espertou moito antes do amañecer coa boca amarga e o peito oprimido pola angustia. Estaba dun humor de cans, como case sempre, e o feito de que esa noite fose a estrea de A Frauta Máxica a súa primeira estrea en Austria, non contribuía a mellorar a situación...

Apenas quince horas despois, tres rapazas encontrarían o seu cadáver, cun estraño aceno de sorpresa no rostro e o papel dun bombón de café na man.


 

Volver ao inicio Back to top

A noite que Wendy aprendeu a voar : MARTIN, A.

TÍTULO: A noite que Wendy aprendeu a voar
AUTOR: MARTIN, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9782-809-3
RÓTULO: N(b) MAR noi


RESUMO:

Wendy, a protagonista, loitará ao longo dunha noite contra o destino, a inoperancia e a estupidez dos compañeiros. Está cumprindo vinte e tres anos e mentres isto sucede sáenlleas ás, transfórmase, e será capaz de distinguir entre o que vale a pena e o que non. A súa é unha odisea na que a valentía acada os máis altos chanzos, pero tamén de coñecemento,de descuberta e aprendizaxe. Do mundo de Peter Pan ao mundo real e, neste, cos ideais que nunca se deberon perder, porque son inherentes ao mellor da especie humana. Esta novela acada o XI Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil.

 

Volver ao inicio Back to top

Tierra de Dragones: OWEN,J.A.

TÍTULO: Tierra de Dragones
AUTOR: OWEN,J.A.
EDITORIAL: Destino
ISBN: 978-84-08-07050-4
RÓTULO: N(b) OWE tie


RESUMO:

Tres descoñecidos reúnense en Londres durante a Primeira Guerra Mundial. Os tres encontran un atlas chamado Imaginarium Geographica, que mostra todas as terras que existiron en mitos, lendas, fábulas e contos de fadas. Acaban
viaxando ao Arquipélago dos sonos, onde loitarán contra as escuras forzas que ameazan ambos os dous mundos. Máis adiante revelarase que estes tres personaxes son nada máis e nada menos que os autores de literatura fantástica J. R. R. Tolkien, C. S. Lewis e Charles Williams, titores da historia da imaxinación humana.

 

Volver ao inicio Back to top

Aire negro: FERNANDEZ PAZ, A.

TÍTULO: Aire negro
AUTOR: FERNANDEZ PAZ, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 84-8302-502-7 | 978-84-99
RÓTULO: N FER air


RESUMO:

Novela xuvenil pertencente ó xénero de misterio e terror que, a partir da lenda da existencia da Gran Besta e da atracción desta pola protagonista, desenvolve ademais unha dobre historiade amor. A novela constrúese a partir dunha historia principal relatada por un dos seus protagonistas, o psiquiatra Víctor Moldes, quen, tres anos despois de ocorridos os feitos, narra os acontecementos que o empuxaron a abandonar a súa profesión e que o obrigan a vivir nun desacougo permanente.

 

Volver ao inicio Back to top

Cuentos de terror de los objetos malditos : PRIESTLEY,C.

TÍTULO: Cuentos de terror de los objetos malditos
AUTOR: PRIESTLEY,C.
EDITORIAL: SM
ISBN: 978-84-675-3508-2
RÓTULO: C(b) PRI cue


RESUMO:

Contos de relatos de terror escritos cunha prosa coidada que atrapa dende a primeira páxina.A Edgar encántalle ir de visita á casa do seu tío Montague. O camiño ata a súa residencia discorre por un páramo fantasmagórico e lúgubre, onde parece haber presenzas. Pero a viaxe paga a pena, tío Montague sempre ten unha historia que contar: Un talle de madeira, un boneco de porcelana, uns anteollos, un marco dourado... a simple vista, trátase de obxectos normais. Pero Tío Montague é o único que coñece a historia e a maldición que pesa sobre cada un deles. Como terá conseguido Tío Montague estes objetos? Quizá a resposta sexa o máis arrepiante dos seus relatos.

 

Volver ao inicio Back to top

Persépolis : SATRAPI, M

TÍTULO: Persépolis
AUTOR: SATRAPI, M
EDITORIAL: Norma
ISBN: 978-84-9847-066-6
RÓTULO: BDR SAT per


RESUMO:

Persépolis é a autobiografía de Marjane Satrapi, unha muller iraniana nacida en Teherán en 1969 no seo dunha familia progresista. Pero, ademais do retrato da vida da autora, tamén é o reflexo da revolución iraniana de 1979 que deu lugar a un goberno islámico e de como o viviron as familias do país. Dende o inicio, coa introdución do veo na vida social e a separación por sexos nas escolas, ata a vida universitaria e as revoltas estudantís, Satrapi fai un repaso á súa vida que se remonta os seus antepasados, axudándonos a entender as motivacións históricas da revolución islámica, mostrándonos á vez unha opinión crítica co goberno.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h