Tic Tac: DÍAZ, P.
TÍTULO: Tic Tac
AUTOR: DÍAZ, P.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-701-0
RÓTULO: 784 DIA tic
RESUMO:
:«Tic-Tac é un traballo musical no que, dunha maneira lúdica, se fai un percorrido por distintos ritmos nos que abarcamos a universalidade da música. Aparecen melodías e instrumentos moi variados para enriquecer esa música. O tratamento musical tamén varía de tema a tema. As cancións abordan cada unha un ritmo musical distinto ou unha temática diferente. E con varios instrumentos: da música clásica, do jazz, do folk e mesmo da música tradicional. Todo isto, cantado en galego, para que teñamos unha maneira divertida de poder gozar con toda esta música.»
OBSERVACIÓNS: Libro CD
|
|
Volver ao inicio
O Cullarapo Croque: ALONSO DIZ, M.A.
TÍTULO: O Cullarapo Croque
AUTOR: ALONSO DIZ, M.A.
EDITORIAL: Q de Vian Cadernos
ISBN: 978-84-15164-22-7
RÓTULO:81(r) ALO cul
RESUMO:
Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado
|
|
|
Volver ao inicio
O misterio da Casa do Pombal : CASALDERREY, F.
TÍTULO: O misterio da Casa do Pombal
AUTOR: CASALDERREY, F.
EDITORIAL: Xerme
ISBN: 978-84-9854-142-7
RÓTULO: 833(r) CAS mis
RESUMO:
Pero iso acontecía hai moitos, moitos, anos... Xa ninguén lembra o tempo que pasou dende que as chemineas permanecen mudas. As xentes de Vilacova, que así se chama o lugar da vila mariñeira na que se ergue o casarío, nin sequera recordan se, nalgunha ocasión, alguén habitou realmente esa sorte de castelo de conto. Un castelo de conto... de terror, quizais?
OBSERVACIÓNS: Na páxina de SM hai propostas de actividades para facer en casa e na aula.
|
|
|
Volver ao inicio
TÍTULO: Buho en casa
AUTOR: LOBEL,A.
EDITORIAL: Ekaré
ISBN: 980-257-253-3 | 978-980-2
RÓTULO: 834(r) LOB buh
RESUMO:
Catro sinxelas historias sobre Buho, que vive só na casa. É inverno e acendeu a cheminea para estar quento. "Que rico é sentarse xunto ao lume". Pero soa a porta e non hai ninguén cando Búho abre. Quizais é o inverno que quere estar xunto á
cheminea. Así que lle deixa pasar, pero só un momentiño porque o inverno enche toda a casa de neve e frío. Noutra historia, cando está dentro da cama, pregúntase que son eses dous vultos que aparecen ao final. Sen decatarse de que son os seus pés arma unha pequena lea coas sabas ata que baixa ao salón para quentarse xunto á cheminea. Noutra historia prepara un té de bágoas, un té para recordar momentos tristes. E na última sostén unha conversación coa lúa. Catro historias que falan das emocións, da soidade e de momentos íntimos e sinxelos como estar na casa. O sinxelo estilo con que están escritas permite que os máis pequenos poidan escoitalas e, máis adiante, lelas sós. Dende o ano 1975 en que foi publicado, este libro cativou nenos de moitos países pola complicidade que o autor é capaz de establecer con eles. |
|
|
Volver ao inicio
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?: DIAZ REGUERA, R., G.
TÍTULO: ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?
AUTOR: DIAZ REGUERA, R.
EDITORIAL: Thule
ISBN: 978-84-92595-58-7
RÓTULO: 833(r) DIA hay
RESUMO:
Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras. Ou princesas que rescatasen os príncipes das
|
|
|
Volver ao inicio
TÍTULO: Pulgarcito
AUTOR: PERREULT, C.
EDITORIAL: Blume
ISBN: 84-9801-035-7
RÓTULO: 85(r) PER pul
RESUMO: O leñador e a súa muller tiveron que abandonar os seus fillos no bosque. E estiveron perdidos ata que se fixo de noite e o pequeno Pulgarcito subiu a unha árbore e viu a luz dunha casa ao lonxe. Pero nela vivía un ogro que comía os nenos. Menos mal que Pulgarcito, ademais de valente, era moi moi listo...
|
|
|
Volver ao inicio
Un barco no ceo: BLAKE, Q.
TÍTULO: Un barco no ceo
AUTOR: BLAKE, Q.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-637-2
RÓTULO: 833(r) BLA bar
RESUMO:
Este libro é o resultado do traballo conxunto entre o escritor e ilustrador británico Quentin Blake con nenos de Gran Bretaña, China, Irlanda, Luxemburgo, Noruega e Francia. Reuníronse e intercambiaron correspondencia durante un ano, opinando sobre o humanismo, a situación do mundo e as inxustizas que se cometen na actualidade. O obxectivo era facer un libro no que os cativos puideran plasmar a súa idea dun mundo mellor, no que a amizade e a solidariedade estiveran por riba da desigualdade e da violencia.
O barco voador é o símbolo da liberdade; os seus tripulantes, os promotores dunha serie de arriscadas accións de rescate: dende que acollen a unha cegoña ferida, outras vítimas doutras tantas situacións de perigo atopan refuxio nel. Así encadéanse unha serie de reflexións sobre a discriminación por razón de raza, a lacra do traballo infantil, a contaminación, os conflitos bélicos...
Quedan moitas máis causas nobres que defender, moitas persoas que sofren, moitos países sumidos na pobreza, na guerra, moitos nenos que carecen de oportunidades... Cómpre que os lectores aprendan con esta obra colectiva cales son os motivos polos que paga a pena intentar que o mundo sexa máis habitable.
|
|
|
Volver ao inicio
A casa máis grande do mundo: LIONNI, L.
TÍTULO: A casa máis grande do mundo
AUTOR: LIONNI, L.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-699-0
RÓTULO: 834(r) LIO cas
RESUMO: Leo Lionni na súa nenez foi un gran admirador dos animais, sobre todo reptís, que acollía nun terrario con paredes de vidro, acondicionado con area, pedras,fentos e musgo. Desta afección xurdirían do tempo relatos como o do caracol que ansiaba ter unha casa máis chamativa que a de ningún outro dos seus conxéneres; unha metáfora máis sobre a vida, a prudencia, o sentido práctico das cousas, a humildade e a sinxeleza fronte á arrogancia e á superficialidade. Cunha linguaxe de moita riqueza literaria, e cunhas ilustracións que destacan pola súa plasticidade e colorido, Leo Lionni presenta esta fábula que segue a senda doutros libros seus, como “Frederick”, “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo” e “Nadarín” historias sinxelas que supoñen, en palabras do propio autor, "unha comprensión intuitiva da esencia das cousas e dos acontecementos".
|
|
|
Volver ao inicio
El expreso polar: ALLSBURG, C.V.
TÍTULO: El expreso polar
AUTOR: ALLSBURG, C.V.
EDITORIAL: Ekaré
ISBN: 978-980-257-046-1
RÓTULO: 833(r) ALL exp
RESUMO:
Na noite de Nadal, un neno espera na súa cama, atento ao son de cascabeis que anuncia a chegada da zorra de San Nicolás. Moi tarde, outros ruídos sorpréndeno: os resopridos
de vapor e o renxer de metais dun tren que se detivo fronte á súa casa. Ao sinal do condutor, o neno sobe abordo e inicia unha viaxe marabillosa ao Polo Norte. O nostálxico texto e as máxicas ilustracións de Chris Van Allsburg recrean un Nadal no que os sonos se poden cumprir.
|
|
|
Volver ao inicio
Caperucita Roja : PACOVSKA, K
TÍTULO: Caperucita Roja
AUTOR: PACOVSKA, K
EDITORIAL: Kókinos
ISBN: 978-84-96629-86-8
RÓTULO: 833(r) PAC cap
RESUMO:
Parecía que o conto de Carapuchiña non admitía máis versións. Non obstante, aínda faltaba esta coidada adaptación do texto tradicional, envolvida en impactantes ilustracións de vangarda. Para contarcho mellor...
|
|
|
Volver ao inicio
Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí |
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h
|