GUÍA VERDE DE INVERNO 9-11 ANOS

Nata y Chocolate: BORRÁS, A.

TÍTULO: Nata y Chocolate
AUTOR: BORRÁS, A.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-667-9301-8
RÓTULO: 841(am) BOR nat


RESUMO:

Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo o obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece decatarse ata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia desta situación.

Volver ao inicio Back to top

Chamádeme Simbad: CASTRO, F.

TÍTULO: Chamádeme Simbad
AUTOR: CASTRO, F.
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-147-8
RÓTULO: 843(am) CAS cha


RESUMO:

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.


OBSERVACIÓNS: Na páxina de galaxia pódense atopar actividades para facer na aula.

 

Volver ao inicio Back to top

Caderno de Fume: GARCÍA TEIJEIRO, A.

TÍTULO: Caderno de Fume
AUTOR: GARCÍA TEIJEIRO, A.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 84-207-9252-7
RÓTULO: 81(v) GAR cad


RESUMO:

Nestas follas, palabra e fume veñen ser o mesmo: divirten, provocan, deixan olor e, se ti queres, permítenche imaxinar que estás a escribir o teu fermoso caderno de fume.

 

 

Volver ao inicio Back to top

Molly Moon y el misterio mutante: BYNG, G.

TÍTULO: Molly Moon y el misterio mutante
AUTOR: BYNG, G.
EDITORIAL: SM
ISBN: 978-84-675-4673-6
RÓTULO: 846(v) BYN mol

RESUMO:

Molly Moon, cuxo nome real é Molly Alice Jane Hermione Cell Logan, é unha nena orfa de 10 anos que vive no orfanato Hardwick House. Por casualidade descobre un libro sobre hipnotismo grazas ao cal comeza a vivir múltiples aventuras. Molly ten dous compañeiros inseparables: Rocky, o seu mellor amigo e apoio en todo momento; e Pétula, unha cadela carlina de cor caramelo que pertence á directora do orfanato. En Molly Moon e o misterio mutante, a protagonista volve cun novo poder. Ademais de hipnotizar a quen se propoña, de ler a mente de quen queira, de deter o tempo e de viaxar por el, agora tamén é capaz de cambiar de forma. Pode pasar de humana a animal nun instante. Pero hai un pequeno problema: ademais de ter que salvar o mundo (outra vez), terá que encontrar a forma de non quedar atrapada nun corpo que non é o seu..

 

Volver ao inicio Back to top

Palabras de caramelo: MOURE, G.

TÍTULO: Palabras de caramelo
AUTOR: MOURE, G..
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 84-667-1571-1
RÓTULO: 841(v) MOU pal

RESUMO:

Kori é un neno xordo, vive nun campo de refuxiados saharauís, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra entende que pode ensinalo a escribir, algo moi especial sucede na súa vida: é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo cor canela.


OBSERVACIÓNS: Na páxina de Anaya pódense atopar actividades para facer na aula.

 

Volver ao inicio Back to top

Los líos de Max : MARTÍNEZ NAVARRO, L.

TÍTULO: Los líos de Max
AUTOR: MARTÍNEZ NAVARRO, L.
EDITORIAL: Edelvives
ISBN: 978-84-263-5109-8
RÓTULO: 841(v) MAR lio


RESUMO:

Max ten nove anos e é tartamudo. Vive coa súa nai, a súa avoa e a súa irmá maior Ane. O seu pai é capitán de barco, e cando está na casa pásano en grande. Pero hai días nos que Max se mete en leas sen saber como e todos se enfadan con el. E aínda será peor cando crea ter descuberto unha bruxa no barrio.



 

Volver ao inicio Back to top

A praia da esperanza: FERNANDEZ PAZ, A.

TÍTULO: A praia da esperanza
AUTOR: FERNANDEZ PAZ, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 84-9782-068-1
RÓTULO: 841(v) FER pra


RESUMO:

O relato, protagonizado pola pequena Raquel, comeza o derradeiro día de agosto cando, a punto de rematar as vacacións, atopa unha enorme buguina que levará como recordo para a cidade. Esa mesma noite descubrirá que no interior da buguina agóchase unha diminuta serea. Sunia, a pequena serea, pídelle que lle deixe pasar o inverno con ela; desa maneira converterase na amiga secreta que lle conta contos cada noite. A mediados de novembro a serea séntese desacougada e unha desas noites comeza a saír chapapote do interior da buguina. O cheiro e o ruído espertan aos pais, que non poden entender a presenza do alcatrán na casa e acaban descubrindo tamén á pequena serea, que se oculta nas mans de Raquel; daquela cóntalles que isto só pode ser o aviso dun suceso terrible no mar. Cando conectan a radio e a televisión para coñecer que estaba pasando escoitan que un petroleiro afundira, pero que non había riscos na costa. Ante a insistencia da serea, que afirma que os medios de comunicación minten, telefonan ao cámping e así confírmanlles que toda a beiramar está inundada de petróleo. Os pais de Raquel collen os días que lles quedan de vacacións e vanse coas pequenas a axudar a limpar as praias, traballando co resto dos voluntarios.


OBSERVACIÓNS: Rematado o relato, unha serie de anexos explican, coa axuda de fotografías, o que foi noticia real naqueles días: o afundimento do Prestige, a marea negra e os danos que produce, a mobilización social, as cartas de reis de dous rapaces galegos, unha cadea de vida, unha longa historia de mareas negras, e ¡nunca máis! ás mareas negras. Na páxina wed de Xerais hai actividades para realizar na aula.


 

Volver ao inicio Back to top

Un puerto a través del tiempo: LIONNI, L.

TÍTULO: A casa máis grande do mundo
AUTOR: MILLARD, A.
EDITORIAL: Blume
ISBN: 84-9801-154-X | 978-84-98
RÓTULO: 930 MIL pue


RESUMO:

Unha viaxe de 10.000 anos: Lánzate á aventura de coñecer un porto con dez mil anos de historia. Dende un enclave da Idade de Pedra ata un moderno porto deportivo, verás todos os cambios e o crecemento que experimenta o porto e descubrirás como era a vida neste lugar en cada época. Es capaz de encontrar ao longo das páxinas o habitante do porto e os seus descendentes?.

 

Volver ao inicio Back to top

Pingueiras e tarteiras: GONZALEZ COSTAS, P.

TÍTULO: Pingueiras e tarteiras
AUTOR: GONZALEZ COSTAS, P.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-453-4816-1 (Xunta)
RÓTULO: 82(v) GON pin


RESUMO:

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto,o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras. Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha "apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos”. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

 

Volver ao inicio Back to top

Smara : CARBALLEIRA, P.

TÍTULO: Smara
AUTOR: CARBALLEIRA, P.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 84-8464-549-5
RÓTULO: 846(v) CAR sma


RESUMO:

Smara es la historia del viaje de un niño a un lugar del desierto del Sahara. Allí conoce a la Abuela Ugago, que había sido una poderosa maga, capaz de proteger la ciudad de los intrusos. Ella le cuenta historias de su pueblo, los llamados Hijos de las Nubes. Se trata de un relato lleno de magia y misterio, que habla una cultura legendaria, forjada en la arena del desierto. Paula Carballeira lo describe como “una apuesta por la melancolía, con un cierto lirismo, una especie de reivindicación de la tristeza que nos hace crecer por dentro”.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h