Toc Toc: PABLO DÍAZ
TÍTULO: Toc Toc
AUTOR: PABLO DÍAZ
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-505-6
RÓTULO: 78 DIA toc
RESUMO:
Este libro-disco, que conta con ilustracións de Nuria Díez e que achega un feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Díaz conta cunha banda de apoio e inclúe no traballo instrumentos como gaita, guitarras, acordeón e percusións.
|
|
Volver ao inicio
Que tal estás? : Que tal estás?
TÍTULO: Que tal estás?
AUTOR: BROWNE, A
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-723-2
RÓTULO: 834(az) BRO que O mundo que me rodea
RESUMO:
Con este libro, os máis pequenos aprenderán a expresar como se senten, a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes...
Ten un texto breve que se complementa á perfección cunhas ilustracións nas que destacan a expresión e a actitude do personaxe, aderezadas con elementos cotiás de atrezzo-xoguetes, pinturas, libros...- que reforzan cada concepto coa súa correspondente descrición visual. Anthony Browne lévanos ao mundo das emocións infantís, xoga coas cores, cos tamaños, coas tipografías: figuras que minguan ou agrandan; trazos ondulantes; palabras maiúsculas, minúsculas ou cursivas, diferentes en función da súa carga emotiva. “Que tal estás?” é un libro para pre-lectores e primeiros lectores, un libro de autocoñecemento e de socialización.
|
|
|
Volver ao inicio
Leer y tocar: CARLE, E
TÍTULO: Leer y tocar
AUTOR: CARLE, E
EDITORIAL: Kókinos
ISBN: 978-84-92750-98-6
RÓTULO: 834(az) CAR lee Torre de Babel
RESUMO:
Nada mellor para aprender os conceptos básicos en español e en inglés que un libro xogo como este. Algúns debuxos conteñen texturas diferentes que os pequenos poden tocar, sentir e diferenciar. Ademais, hai unha ventá que se pode abrir unha e mil veces para descubrir que hai detrás. E moitos efectos especiais que o converten nun obxecto moi atractivo.
Eric Carle regálanos esta vez un libro cheo de cor e xogos para os máis pequechos.
Ideal para compartir en familia e imprescindible para a escola infantil. |
|
|
Volver ao inicio
TÍTULO: El más suertudo
AUTOR: SERRANO, L
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-678-4049-0
RÓTULO: 833(az) SER más Libros para ver
RESUMO:
Os meus amigos van ao cole en autobús, en moto, en avión Pero eu son o máis afortunado de todos. Queres saber en que vou eu?
|
|
|
Volver ao inicio
TÍTULO: Animales parecidos
AUTOR: URBERUAGA, E
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-678-2895-5
RÓTULO: 834(az) URB ani O mundo que me rodea
RESUMO:
No mundo hai selvas, e tamén cidades, e en ambos os dous lugares viven animais. Algúns son antipáticos, outros son extrovertidos, algúns parécense moito entre si, outros non tanto, hai os de formas e tamaños diferentes... O que temos en común é que todos, animais de selva e animais de cidade, compartimos o mesmo fogar, a Terra. |
|
|
Volver ao inicio
TÍTULO: Niños
AUTOR: MÁRQUEZ P.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 9788484646983
RÓTULO: 833(az) MAR niñ O mundo que me rodea
RESUMO:
Polas súas plumas multicolores, a súa forma estilizada e a súa envexable capacidade para voar, os paxaros espertan a curiosidade infantil.
“Niños” é un álbum para pre-lectores e primeiros lectores que nos achega aos conceptos de diversidade, biodiversidadee fauna, suxerindo distintos tipos de aves estrafalarias, orixinais niños e formatos familiares dispares, cun estilo que combina a reflexión, o humor e o absurdo. Con frases breves en tipografía maiúscula, Pepe Márquez destaca a singularidade de cada especie de ave e o seu correspondente modelo de niño: construidos en lugares elevados ou baixos, de tamaño pequeno ou grande, sofisticados ou humildes... os protagonistas deste libro demostran que, sendo todos paxaros, poden ser á vez tan diferentes e tan semellantes. As imaxes con texturas caracterizan a proposta estética de Natalia Colombo, na que destaca unha contrastada paleta de colores intensos e luminosos, tanto nas figuras como nos fondos. Os seus debuxos son esquemáticos, con perfís pouco definidos, e acentúan o carácter lúdico da obra.
|
|
|
Volver ao inicio
A galiña roxa: MARTÍNEZ, P
TÍTULO: A galiña roxa
AUTOR: MARTÍNEZ, P
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-809-3
RÓTULO: 834(az) MAR gal Contos para contar
RESUMO:
“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos-fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo.A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos. As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais elementos mecánicos e unha ambientación que reflictea vida tradicional no campo.
|
|
|
Volver ao inicio
En el desván: ORAM, HIAWYN
TÍTULO: En el desván
AUTOR: ORAM, HIAWYN
EDITORIAL: Fondo de Cultura Económica
ISBN: 978-968-16-4112-2
RÓTULO: 833(az) ORA ene Contos para contar
RESUMO:
Un fermoso libro que nos invita a reflexionar sobre un problema cada vez máis incitante: os nenos necesitan xogar, non xoguetes. Para xogar abonda coa imaxinación. Este álbum toca outro tema de gran relevancia: a soidade de moitos nenos. E todo isto cun texto fermoso e unhas ilustracións moi ricas. Paga a pena achegarse a este libro álbum e saborealo con calma.
|
|
|
Volver ao inicio
A familia C: BRUNO, P
TÍTULO: A familia C
AUTOR: BRUNO, P
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-740-9
RÓTULO: 833(az) BRU fam Contos para contar
RESUMO:
Pasen e vexan, damas e cabaleiros, nenas e nenos, ao único, ao inigualable e nunca visto espectáculo da familia C que, servíndose tan só do seu grande imaxinación, sen rede nin artificio, sen trampa nin cartón, consegue encher de cor ata os días máis tediosos! ... Porque o circo é moito máis que unha carpa enche de artistas insólitos e animais habilidosos; é un espazo onde se cruzan realidade e irrealidade, un lugar neste mundo que pertence a outro mundo: ao da ficción e a maxia. "A familia C" (C de circo?) é unha familia que adora o ambiente circense e canto significa de posible-imposible. Y ese amor pola fantasía, o xogo de irreal-realidade, é o que permite que a rutina gris dos seus días se impregne de ilusión e soño. A familia C vive unha vida normal, pero ese caudal de enxeño a chea de cor e posibilidades; vive así no sono dos días fermosos, onde facer o almorzo ou ir a traballar pode acabar sendo toda unha aventura. As ilustracións, realizadas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e a súa forza expresiva. En conxunto, unha obra que o xurado do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado definiu como "imaxinativa, orixinal e moderna". |
|
|
Volver ao inicio
Claudia en el circo: SUEIRO, R
TÍTULO: Claudia en el circo
AUTOR: SUEIRO, R
EDITORIAL: RM Verlag
ISBN: 978-84-936123-1-3 | 978-9
RÓTULO: 833 (az) Cuentos para contar
RESUMO:
Claudia é unha nena con dúas coletas e un nariz de pallaso que posúe unha grande imaxinación. Un día imaxínase que vive nun circo e que ten a oportunidade de xogar cos animais, ensaiar trucos de maxia, facer malabarismos e acrobacias. A vida no circo está chea de aventuras e sorpresas, e Claudia fainos partícipes dos seus desexos e inquietudes.
|
|
|
Volver ao inicio
|
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h
NOVIDADES
LIBRO ADULTO
ler máis +
LIBRO INFANTIL
ler máis +
GUÍAS DE LECTURA
GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS
ler máis +
GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS
ler máis +
GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS
ler máis +
GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS
ler máis +
GUÍA XUVENIL
ler máis +
OUTRAS MATERIAS
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
ler máis +
PEGADA SOCIOECONÓMICA
ler máis +
PEGADA CULTURAL
ler máis +
PEGADA ECOLÓXICA
ler máis +
|