GUÍA IMPÓRTANOS: PEGADA SOCIOECONÓMICA

¿Qué es la libertad? : BRENIFIER, O.

TÍTULO: ¿Qué es la libertad?
AUTOR: BRENIFIER, O.
EDITORIAL: Edebé
ISBN: 978-84-236-8376-5
RÓTULO: Saber e coñecer


RESUMO:

Seis grandes preguntas para facer malabarismos coas ideas e para ver máis alá das aparencias. A colección SuperPreguntas propón unha primeira iniciación ao pensamento para todos os nenos que se fan preguntas importantes sobre eles mesmos, sobre a vida e sobre o mundo.

Volver ao inicio Back to top

O neno can : CASALDERREY, F. e CASTRO, F.

TÍTULO: O neno can
AUTOR: CASALDERREY, F. e CASTRO, F.
EDITORIAL: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-431-8
RÓTULO: 841(am) CAS nen


RESUMO:

O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; aepopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.


OBSERVACIÓNS: Un libro a favor de UNICEF.

 

Volver ao inicio Back to top

Ovelliña, dáme la: MINHÓS MARTINS,I. e KONO,Y

TÍTULO: Ovelliña, dáme la
AUTOR: MINHÓS MARTINS,I. e KONO,Y
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-688-4
RÓTULO: 833(az) MIN ove Libros con música


RESUMO:

Un texto rimado para primeiros lectores, de estrutura encadeada, repetitiva e acumulativa; un recurso empregado nos contos de tradición oral. Un relato de inverno, para combater o frío. Que trata o tema das transformacións das materias primas noutros elementos útiles.

 

Volver ao inicio Back to top

Una rosa negra : GANGES, M.

TÍTULO: Una rosa negra
AUTOR: GANGES, M.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 978-84-9825-453-2
RÓTULO: 9(r) GAN ros Saber e coñecer

RESUMO:

A biografía de Rosa Park, a muller que cun acto de resistencia pacífica deu un primeiro paso contra a segregación racial unha heroína de verdade.


Con fotografías, un pop-up e un breve e sinxelo texto.

 

Volver ao inicio Back to top

¿Quen me quere adoptar?: CASALDERREY, F.

TÍTULO: ¿Quen me quere adoptar?
AUTOR: CASALDERREY, F.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 833(r) CAS que
RÓTULO: 81(am) CAB esc

RESUMO:

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos. Un libro que propón aos nenos unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores, a importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.

 

Volver ao inicio Back to top

Nata y Chocolate: BORRÁS, A.

TÍTULO: Nata y Chocolate
AUTOR: BORRÁS, A.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 978-84-667-9301-8
RÓTULO: 841(am) BOR nat


RESUMO:

Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo o obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece decatarse ata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia desta situación.

 

Volver ao inicio Back to top

¡A ayudar!: GEIS, P.

TÍTULO: ¡A ayudar!
AUTOR: GEIS, P.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 84-9825-069-2 | 978-84-98
RÓTULO: O mundo que me rodea


RESUMO:

Con este libro tan divertido motivará aos nenos para que aprendan os buenos hábitos dunha maneira práctica e fácil, e deste modo os máis pequenos da casa axudaran en todas as labores.

 

Volver ao inicio Back to top

Avós : HERAS, C. e OSUNA R.

TÍTULO: Avós
AUTOR: HERAS, C. e OSUNA R
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 84-8464-533-9 | 978-84-84
RÓTULO: Contos para contar


RESUMO:

Tenra historia de dous velliños, Manuel e Manuela, que aceptan con naturalidade as marcas dos anos.

Manuela é coqueta coma unha rapariga e a Manuel encántalle
bailar con ela. A través dunha estructura acumulativa e un texto de ton poético, “Avós” invítanos a atopar a beleza a través dos ollos do amor, amósanos todo o cariño que pode existir cando o cuerpo murcha e descúbrenos as vantaxes de vivir cun sorriso nos beizos.


 

Volver ao inicio Back to top

Tengo derecho a ser niño : SERRES, A. e FRONTY,A.

TÍTULO: Tengo derecho a ser niño
AUTOR: SERRES, A. e FRONTY,A.
EDITORIAL: Blume
ISBN: 978-84-9801-481-5
RÓTULO: 3(r) SER ten Saber e coñecer


RESUMO:

Coñece, aprende e comprende os dereitos da infancia da voz de nenos de todo o mundo e de calquera condición a través de artísticas ilustracións e dun texto cun marcado carácter poético. Unha obra que celebra o 20º aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, tratado asinado o 20 de novembro de 1989.

 

Volver ao inicio Back to top

Unha familia normal : KULOT, D.

TÍTULO: Unha familia normal
AUTOR: KULOT, D.
EDITORIAL: Fakyoria K
ISBN: 978-84-15250-08-1
RÓTULO: Contos para contar


RESUMO:

Unha familia normal é a continuación da serie protagonizada por Xirafa e Crocodilo, que consta dos álbums titulados Crocodilo namorado, Unha casa a medida e “Unha parella diferente”. Nesta nova entrega Daniela Kulot introduce dous personaxes máis: Croquila e Rafolo, unha pequena xirafa verde e un pequeno crocodilo con manchas marróns. A familia creceu e todos xuntos demostran que non só poden desenvolver unha convivencia perfectamente normal, senon que ademáis forman un bo equipo, capaz de sair airosa de calquera situación.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h