GUÍA IMPÓRTANOS: PEGADA CULTURAL

¿Y si viviera en...? : LEDU, S.

TÍTULO:¿Y si viviera en...?
AUTOR: LEDU, S.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 978-84-9825-105-0 | 84-98
RÓTULO: O mundo que me rodea


RESUMO:

Este libro informativo servirá aos máis pequenos para desenvolver a observación sobre os elementos peculiares que desprega unha cultura: vestido, vivenda e formas de vida que se adecúan con frecuencia a unha paisaxe, mesmo os gustos e as aspiracións persoais. Propóñenselle ao lector doce hábitats distintos, ilustrados por outros tantos ilustradores, nos que se poden apreciar as grandes diferenzas e contrastes. A voz dun neno en primeira persoa describe brevemente como é a súa vida en cada un destes lugares.

Volver ao inicio Back to top

Lúa do senegal : FERNÁNDEZ PAZ, A.

TÍTULO: Lúa do senegal
AUTOR: FERNÁNDEZ PAZ, A.
EDITORIAL: Xerais
ISBN: 978-84-9782-556-6
RÓTULO: 841(v) FER lua


RESUMO:

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandonar o seu pobo do Senegal e viaxar coa nai e coa súa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai vive dende hai algún tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandonou, é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe á Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avoa, Mamá Feriane.
O relato aborda a emigración dende o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristura que leva aparellada e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.


 

Volver ao inicio Back to top

El maraviloso viaje de Xía Tenzin: ZUBIZARRETA, P.

TÍTULO: El maraviloso viaje de Xía Tenzin
AUTOR: ZUBIZARRETA, P.
EDITORIAL: Edelvives
ISBN: 978-84-263-7176-8
RÓTULO: 843(v) ZUB mar


RESUMO:

Co aire das lendas orientais, o seu ritmo calmado e a importancia dos silencios, o autor constrúe a narración dunha viaxe dun home xigante que mide 2 ´ 40 m (e que ten un correlato real en China) en busca do mar e do seu pai. Na súa narración incorpora lendas da tradición chinesa conseguindo un relato poético e emocionante, unha aventura
na que o heroe se enfronta a un destino que xa un sabio lle presaxiara e do que sae cun amor fráxil e delicado e un gran descubrimento. Este libro recibiu o premio Ala Delta de Literatura infantil 2008.

 

Volver ao inicio Back to top

Palabras de caramelo : MOURE,G.

TÍTULO: Palabras de caramelo
AUTOR: MOURE,G.
EDITORIAL: Anaya
ISBN: 84-667-1571-1
RÓTULO: 841(v) MOU pal

RESUMO:

Un neno xordomudo que vive no campamento saharauí de Smara protagoniza esta historia de amizade cun pequeno camelo chamado Caramelo pola cor os seus ollos. Moure invita o lector a identificarse co protagonista que, a partir da súa carencia, necesita comunicarse coa natureza e especialmente con este animal. Desta comunicación, sen palabras, xorde o relato que o autor nos ofrece. Un texto con palabras fermosas que se achegan con sutileza ao mundo pechado pero sensible de Kori, que parece percibir moito máis do aparente. A aprendizaxe da escritura, a base de constancia e dedicación, daralle a posibilidade de expresarse e de revelar as súas emocións e converterse na voz do animal que será sacrificado finalmente. Moure é un autor que se interna con facilidade no terreo das emocións dos nenos e sabe transmitir cos recursos literarios moi medidos un abano amplo de sentimentos. Coñecedor da realidade saharauí e do sufrimento deste pobo, o autor podería propoñernos ir máis alá dunha lectura literal do texto e ofrecernos unha parábola dun pobo sen voz que busca liberarse do seu illamento.

 

Volver ao inicio Back to top

Barro de Medellin: GÓMEZ CERDÁ, ALFREDO

TÍTULO: Barro de Medellin
AUTOR: Gómez Cerdá, Alfredo
EDITORIAL: Edelvives
ISBN: 9788426368256
RÓTULO: 841( v) GOM bar

RESUMO:

A pesar de vivir nun barrio deprimido de Medellín (Santo Domingo Savio) e ter unha triste situación familiar, Camilo é feliz no seu barrio e na súa cidade e co seu amigo Andrés. Cada vez que hai unha tormenta ten que cubrir de barro a súa casa para que ninguén se dea conta de que está levantada con ladrillos roubados mentres construían o flamante parque-biblioteca, orgullo do barrio xunto co metrocable


Pásaselles o día vagando polas empinadas rúas, apañándose para conseguir augardente para o seu pai ou discutindo sobre se é o mellor barrio do mundo, se unha cidade se pode volver tola ou se de maiores serán ladróns.
Por casualidade, entran un día na biblioteca e Camilo aproveita para roubar un libro, que cambiará pola botella de augardente para o seu pai. Ao ver a facilidade e o bo resultado, repite, ata que a bibliotecaria Mar descóbreos... se é que non os descubriu antes.

 

Volver ao inicio Back to top

El loto azul: HERGÉ

TÍTULO: El loto azul
AUTOR: Hergé
EDITORIAL: Juventud
ISBN: 978-84-261-0926-2
RÓTULO: BD(am) HER tin


RESUMO:

Tintín viaxará esta vez á milenaria China. En Shangai descobre a orixe dun poderoso veleno que fai tolear. Enfróntase cunha terrible banda de traficantes de opio e cuns axentes xaponeses que ata o final do libro manteñen o suspense do lector. Ao finalizar Los cigarros do faraón, Hergé anunciara en Le Petit Vingtième que Tintín ía proseguir a súa viaxe cara a Extremo Oriente. Entón recibiu unha carta do Padre Gosset, capelán dos estudantes chineses na Universidade de Lovaina, que lle aconsellou documentarse ben sobre China e a súa cultura e lle presentou a Tchang Tchong-Jen, mozo chinés estudante de arte na Academia de Belas Artes de Lovaina. Deseguida simpatizaron e fixéronse grandes amigos. (Podemos recoñecelo no personaxe Tchang, o rapaz chinés amigo de Tintín). A traves longas conversacións con Tchang, Hergé puido internarse no coñecemento da cultura de China, afastándose dos tópicos sobre os chineses que tiñan os europeos, absolutamente afastados da realidade. A amizade con Tchang duraría toda a vida, tanto na ficción coma na realidade.
Este é o primeiro álbum que Hergé asumiría plenamente, e a partir de aquí documentouse sempre en profundidade sobre os países onde tiña que viaxar Tintín.

 

Volver ao inicio Back to top

Pequeño Siux : GEIS, P.

TÍTULO: Pequeño Siux
AUTOR: GEIS, P.
EDITORIAL: Combel
ISBN: 978-84-7864-346-2
RÓTULO:Contos para contar


RESUMO:

Unha historia para aprender como se vive en Dakota, como se visten os seus habitantes, que animais hai ou que come. Un xeito moi positivo de achegar os pequenos lectores a novos mundos.

 

Volver ao inicio Back to top

Bailar nas nubes: STARKOFF

TÍTULO: Bailar nas nubes
AUTOR: STARKOFF
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-742-3
RÓTULO:833(r) STA bai


RESUMO:

A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.

 

Volver ao inicio Back to top

Hoy en día en la India : FAVARO, P

TÍTULO: Hoy en día en la India
AUTOR: FAVARO, P
EDITORIAL: SM
ISBN: 978-84-675-1793-4
RÓTULO: 39 DIA (III)


RESUMO:

Nandita ten doce anos e vive en Pondicherry. A través do seu diario móstranos como é a súa casa, a súa familia, o seu colexio, o seu barrio, os seus costumes... En definitiva, ábrenos unha porta á súa vida para coñecer, de primeira man, como é o seu país.
Ademais do diario de Nandita, este libro inclúe moitos datos que completan a información e dan resposta a moitas das preguntas que os nenos se fan sobre India.


 

Volver ao inicio Back to top

¿Qué es la convivencia? : BRENIFIER, O.

TÍTULO: ¿Qué es la convivencia?
AUTOR: BRENIFIER, O.
EDITORIAL: Edebé
ISBN: 978-84-236-8377-2
RÓTULO: 1(r) BRE que Saber e coñecer


RESUMO:

Seis grandes preguntas para facer malabarismos coas ideas e para ver máis alá das aparencias e saber máis sobre a convivencia. A colección SuperPreguntas propón unha primeira iniciación ao pensamento para todos os nenos que se fan preguntas importantes sobre eles mesmos, sobre a vida e sobre o mundo.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h